sábado, 17 de enero de 2009

Cena dia 24 de Xaneiro (II)

Hola a tod@s novamente.

Parece que a cousa se vai animando. Xa somos cerca de 30 personas os que estamos interesad@s e iso é un bo comenzo.

Na insercción anterior vos comentaba que a medida que tivese mais información a facilitaria por este medio.

A cena non se trata de ningún acto "institucional" nin cousas raras. A idea única e principal e a de poder volver a vernos e saudarnos todos aqueles que, ben compartimos aula ou ben compartimos algún curso, co único fin de que teñamos esta oportunidade para facelo. Realmente e dificil ter o contacto de moitas personas que ben recordas pero non sabes nada deles. Trátase de un acto aberto (no hai ningún listado polo que guiarse), polo que si tedes a oportunidade de difundilo sería moito de agradeder.

No restaurante teño que pechar o número definitivo de comensales o xoves pola tarde. En principio, e o ser un salón relativamente pequeno, queda en exclusiva para a a nosa cena. O aperitivo habilitarase nunha sala moi acolledora para que poidamos estar a gusto e falar. A hora do aperitivo e para as 21.00 H.

As 22.00 H. teremos a cena. o Menú e o seguinte:

Esalada de xamón de pato con escarola e micuit de foie
Vieiras ó Albariño
Solomilliño de cerdo con puré de castañas e mazá e cebola confitada
Tarta San Amaro de Hoxaldre, crema e froita fresca
Café e licores
Viños Albariño e Rioxa

Supoño que será a gusto de todos. O menú e pechado polo que si alguén e vexetariano ou non pode tomar algún compoñente deste menú me avise para facer o cambio a tempo.

Pouco mais teño que vos decir. Os que por favor asistades, ademais do ingreso simplemente confirmademo a traves da miña conta electrónica. Sabemos que as transferencias as veces tardan en apuntalas no banco e por outo lado resultame mais comodo facelo na casa sin andar a ver os estractos.

Gracias pola vosa colaboración

Novamente un forte saudo

Javier Padín
javier.padin@terra.es

1 comentario:

  1. Non sei se nese número de 30 estou eu, se acaso xa seríamos trinta e un....
    ISIDORO SERANTES

    ResponderEliminar